Ampla presenza galega no Festival da Cinemateca Uruguaia

Mañá dará comezo a 31ª edición do Festival Cinematográfico Internacional de Uruguay, que este ano inclúe na súa programación unha abondosa representación do Novo Cinema Galego. Na competición de Nuevos Realizadores foi seleccionado O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, o filme dirixido por Alberto Gracia con produción de Zeitun Films que se estreou en xaneiro no prestixioso Festival de Rotterdam, onde obtivo o Premio FIPRESCI. Da mesma compañía, e na sección Panorama, poderá verse Arraianos, de Eloy Enciso, coproducida con Ártika Films. Recordemos ademais que no seu día Todos vós sodes capitáns de Oliver Laxe gañou en Montevideo o premio á mellor película iberoamericana, de xeito que até o momento todas as producións de Zeitun Films tiveron oco no celebrado certame uruguaio.

A presenza galega complétase coa participación de Piedad de Otto Roca (Milpinton Filmes / Amén Cinema), tamén na sección Panorama, e coas obras seleccionadas para o ciclo España alterada, comisariado por por Cecilia Barrionuevo e Marcelo Alderete: Vikingland, Lupita, Á luzada e Noite de Xurxo Chirro, Fantasmas #1 de Ángel Santos e Anacos de Xacio Baño.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Galicia alterada

Cannes, Marsella, Locarno, Mar del Plata, FICUNAM, Roma, Vancouver, BAFICI, Jeonju, Lisboa, Viennale... Nos últimos dous anos, a presenza de autores galegos nos máis importantes festivais foi constante, con Oliver Laxe, Xurxo Chirro e Eloy Enciso como nomes máis destacados dunha listaxe que non para de crecer. E isto sucede nun contexto económico moi difícil, co apoio público reducido en Galicia ao mínimo, cando non eliminado (así aconteceu coas chamadas "axudas á promoción do talento", das que se beneficiaron xustamente os novos creadores con maior prestixio no exterior), e coa insólita pasividade das elites intelectuais, os medios de comunicación e mesmo os certames de cinema locais, que salvo honrosas excepcións non prestaron atención suficiente a esta estimulante efervescencia creativa.

Benvida sexa, pois, a oportunidade de ver os ensaios sobre a memoria familiar e persoal de Ángel Santos; a emotiva ficción de Xacio Baño sobre a soidade e a ausencia; o retrato do traballo e a paisaxe que fai Xurxo Chirro (máis un excepcional fragmento que puido formar parte de Vikingland); e o novo estudo sobre comunidades e a súa integración nun espazo que nos ofrecen os QQ, Vicente Vázquez e Usue Arrieta.

Martin Pawley

Texto escrito para o catálogo do 27 Festival Internacional de Cine de Mar del Plata. Versións en español e inglés, neste enderezo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O mellor de 2011

Deixámosvos a seguir o resultado do reconto de todas as votacións recibidas. Debido á heteroxeneidade das listaxes, que difiren no número de títulos citados e non sempre seguen unha orde clara, optamos por computar unicamente o número de veces que cada filme foi mencionado, e isto é o que obtivemos:

FILMES ESTREADOS EN SALAS COMERCIAIS:

1. The Tree of Life (Terrence Malick): 40
2. Le Havre (Aki Kaurismäki): 32
3. Misterios de Lisboa (Raúl Ruiz): 29
4. Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe): 26
5. La piel que habito (Pedro Almodóvar): 22
6. El niño de la bicicleta (Jean-Pierre e Luc Dardenne): 21
7. Melancolía (Lars von Trier): 19
8. Habemus Papam (Nanni Moretti) + Drive (Nicolas Winding Refn): 17
10. Des hommes et des dieux (Xavier Beauvois) + Carlos (Olivier Assayas): 14

FILMES SEN DISTRIBUCIÓN OU PENDENTES DE ESTREA:

1. A Torinói ló (Bela Tarr e Ágnes Hranitzky): 21
2. Vikingland (Xurxo Chirro): 16
3. Color perro que huye (Andrés Duque): 13
4. L'Apollonide (Bertrand Bonello): 12
5. Faust (Aleksandr Sokurov): 10
6. Hors Satan (Bruno Dumont) + Meek’s Cutoff (Kelly Reichardt): 8
8. Abrir puertas y ventanas (Milagros Mumenthaler) + Low life (Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval) + This is not a film (Jafar Panahi e Mojtaba Mirtahmasb) + Shame (Steve McQueen): 7

No conxunto das 68 opinións publicadas foron citados máis de cen filmes estreados en salas comerciais e perto de douscentos sen distribución ou pendentes de estrea.

TODAS AS VOTACIÓNS:

Iván G. Ambruñeiras * Xacio Baño * Cecilia Barrionuevo * Miguel Blanco * Sara Brito * Antón Caeiro * Seve F. Calaza * Alejandro G. Calvo * Jaione Camborda * Jorge Carrasco * José Luis Castro de Paz * Pilar Comesaña * Alberto Díaz "Bertitxi" * Alejandro Díaz * Andrés Duque * Elena Duque * Miguel Anxo Fernández * Sara García * Xavi García Puerto * David Garrido Bazán * Fran Gayo * Ilaria Gomarasca * Xurxo González * Carmen Gray * Ifrit * Eulàlia Iglesias * Gabe Klinger * Isaki Lacuesta * Felipe Lage * Oliver Laxe * Ramiro Ledo * Diego Lerer * Alberto Lobelle * José Manuel López * José Luis Losa * Carlos Losilla * Miguel Marías * Beli Martínez * Iago Martínez * Carlos Meixide * Laura Menéndez Prendes * Imma Merino * Marcos Nine * José Manuel Mouriño * Carlos Muguiro * Xosé Nogueira * Suso Novás * Dario Oliveira * Grial Parga * Lois Patiño * Martin Pawley * Víctor Paz * Gonzalo de Pedro * Jaime Pena * Matías Piñeiro * Tim Redford * Fernando Redondo Neira * Alberto Ruiz de Samaniego * José Manuel Sande * Eloy D. Serén * Karim Shimsal * Ángel Suanzes * Antoine Thirion * José Luis Torres Leiva * José Vieira Mendes * Iván Villarmea * Ferdinand von Galitzien * Alfonso Zarauza

Chuzame! A Facebook A Twitter

O mellor de 2011: Oliver Laxe

Oliver Laxe é cineasta. A súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns, levou o premio FIPRESCI na Quincena dos Realizadores de Cannes 2010.

Sen moita orde de preferencia, oito grandes experiencias:

1. Slow action (Ben Rivers)
2. Meek's Cutoff (Kelly Reichardt)
3. Erie (Kevin Jerome Everson)
4. La danse (Frederick Wiseman)
5. Le havre (Aki Kaurismäki)
6. La vida útil (Federico Veiroj)
7. Vikingland (Xurxo Chirro)
8. En el futuro (Mauro Andrizzi)

Tres grandes experiencias tamén, pero das que me esperaba moito máis:

Fausto (Aleksandr Sokurov)
A Torinói ló (Bela Tarr e Ágnes Hranitzky)
The tree of life (Terrence Malick)

Chuzame! A Facebook A Twitter

O mellor de 2011: Ifrit

Ifrit é o autor do blog Cinema Friki.

O 2011 non foi un ano no que o número de películas que me chegaran, me emocionaran ou me entretiveran de maneira especial fora moi alto, pero algunha que outra cousa interesante si que puiden ver.

ESTREADAS EN SALAS COMERCIAIS

Monsters (Gareth Edwards)
Animal Kingdom (David Michôd)
Sucker Punch (Zack Snyder)
Guest (José Luis Guerin)
Senna (Asif Kapadia)
The Last Exorcism (Daniel Stamm)
Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe)
Los pasos dobles (Isaki Lacuesta)

E quedei com ganas de ver, entre outras: La sombra prohibida, Piraña 3D, Insidious, Eva, The Thing, Attack the Block e Drive. Haberá que mirar de solucionalo, p2p mediante.

Este ano non puiden ir a Fantasporto nin á Semana de cinema fantástico e de terror de Donosti, así que tiven que conformarme com Cineuropa para ver estes filmes:

FILMES SEN DISTRIBUCIÓN OU PENDENTES DE ESTREA

La mujer del Eternauta (Adán Aliaga)
Anacos (Xacio Baño)
O meu nome o meu mundo (Carlos Meixide & Tomás Lijó)

E por razóns de saúde quedei com ganas de ver: Tyrannosaur, Faust, A torinói ló, La reine des pommes, Vikingland e Losada.

A ver o que nos trae este 2012, porque promete moito. Vémonos nas butacas!

Chuzame! A Facebook A Twitter