Adeus, FIC Xixón (ou «Viva José Luis Cienfuegos»)

Este é o artigo que escribín sobre a edición 49 do Festival de Xixón para a revista Tempos Novos. Asistín e disfrutei das súas seis últimas edicións; está mañá soubemos que non haberá máis. Existirá unha cousa que levará o mesmo nome pero que non merecerá ficar asociada ao recordo de algo que foi fermoso e grande. Algo que fixo fermoso e grande o seu director, José Luis Cienfuegos, hoxe despedido con modais obscenos, impropios dun país maduro e civilizado. Vaia dende aquí o meu apoio e unha agarimosa aperta para José Luis e para todos os amigos dun festival no que vivín e aprendín moito -algúns deles citados no artigo nun primeiro parágrafo que me parece agora aínda máis pertinente que cando o escribín.

49 FESTIVAL DE XIXÓN, por Martin Pawley

En vésperas de celebrar unha efeméride emblemática, o cincuenta aniversario, o Festival Internacional de Cinema de Xixón volveu demostrar a súa vitalidade habitual, que conduce a unha tan fértil coma pouco común comuñón entre cineastas, críticos e espectadores. Cando en 1995 tomou o mando o actual director, José Luis Cienfuegos, comezou a exitosa transformación dun festival noutrora dedicado en exclusiva aos filmes para nenos que chegou a ter certa repercusión internacional e mesmo trouxo a Abbas Kiarostami nunha altura na que ninguén sabía del, cara ao que hoxe é, a principal cita estatal do cinema de autor e independente. Ao longo deste tempo Cienfuegos e o seu equipo de programación -antes Fran Gayo, agora Alejandro Díaz, Elena Duque ou Ricardo Apilánez, entre outros- souberon reelaborar os contidos do certame combinando con acerto as apostas de risco e os títulos máis accesíbeis, nun difícil equilibrio destinado a crear un público novo e reeducar o que xa había. O resultado é abraiante: o festival que lle dedicou no pasado retrospectivas a autores de culto coma Tsai Ming-Liang, Claire Denis e Lisandro Alonso e acolle en Llendes artefactos esixentes e sensacionais coma Vikingland do galego Xurxo Chirro ou Accidentes gloriosos de Mauro Andrizzi é o mesmo que vende cada ano non menos de cincuenta mil entradas e coloca varios miles máis entre os profesionais acreditados. Para o cinéfilo segue a resultar conmovedor ver ateigado o Teatro Jovellanos ou calquera outra das salas, por máis que a unha mesma hora se celebren até sete proxeccións en paralelo.

A edición 49 xogaba sobre seguro ao reunir autores xa coñecidos do FICXixón e outros, caso de Sokurov, que non precisan presentación. O xurado concentrou premios en dous filmes de maneira un chisco redundante, mais hai outros que ben poderían estar no palmarés. A salomónica decisión de outorgar o principal galardón ex-aequo a La guerre est déclarée e El estudiante non merece, en calquera caso, ningún reproche. O primeiro deles, que se estreará en España co título Declaración de guerra, é un feliz agasallo que recrea a dura experiencia persoal da parella protagonista, Valérie Donzelli e Jérémie Elkaïm -tamén guionistas e ela, ademais, directora-, ao descubrir que o seu fillo ten un tumor cerebral. Os perigos dun relato potencialmente lacrimóxeno fican superados polo virtuosismo dunha autora audaz, que escapa en todo momento das convencións melodramáticas na procura dun tratamento que parece musical sen selo en estrito senso. Por riba da súa gran eficacia emotiva, na enésima proba de que “menos” pode ser “máis”, o filme, candidato por Francia ao Oscar á mellor película estranxeira, é especialmente valioso no seu esforzo por reconstruír en imaxes unha situación traumática real; por reinterpretar na pantalla as mesmas emocións -a dor, a ira, mais tamén o humor- que viviron ante a enfermidade do seu propio fillo, e así xorden escenas memorábeis, como aquela na que Valérie e Jérémie, premiados pola súas interpretacións, fabulan con sarcasmo sobre os posíbeis efectos secundarios da operación do cativo.

El estudiante de Santiago Mitre é un novo exemplo da efervescencia cinematográfica que vive a Arxentina, froito duns modelos de produción que aquí parecen impensábeis. Falamos, si, dun filme de orzamento minúsculo (e notabilísimo acabado), feito á marxe da industria, sen diñeiro do INCAA e co apoio da Universidad del Cine de Buenos Aires, institución que está detrás dos proxectos de toda unha xeración de novísimos cineastas, con Matías Piñeiro como figura máis destacada; mais non responde ao que no mundo dos festivais se espera dun filme arxentino, categoría na que si encaixa unha das obras mestras de 2011, Abrir puertas y ventanas de Milagros Mumenthaler, presentada na sección Esbilla. Antes polo contrario, esta é unha película “de guión”, modélica na súa estrutura e escrita, e así o recoñeceu o xurado; na súa crónica de Locarno para a revista Indiewire Eric Kohn definiu a Santiago Mitre coma un “Aaron Sorkin sudamericano”. Protagonizada por Esteban Lamothe, visto en Castro de Alejo Moguillansky ou Rosalinda de Piñeiro, El estudiante é un apaixonante thriller que reflicte as miserias e comenencias da política universitaria de maneira intelixente e fácil de extrapolar a outros ámbitos. A dotación económica asociada aos premios que levou posibilitará unha futura estrea comercial, e xa só por iso o seu éxito en Xixón era máis que desexábel.

Non sorprende, tampouco, o premio para Ruben Östlund coma mellor director por Play, un traballo formalista resolto con longos planos secuencia que conta o acoso -inspirado en feitos reais, e desconcertante por non violento- dun grupo de mozos negros a uns rapaces brancos na Suecia actual. A mención especial para Iceberg de Gabriel Velázquez é un acto de xenerosidade para un filme fraco, que se empeña en relacionar personaxes e pechar fíos que era mellor que ficaran abertos, e que en calquera caso ten máis interese do que a priori cabería agardar (ou máis ben temer). Raro é o Gil Parrondo á mellor dirección de arte para o Faust de Aleksandr Sokurov, basicamente porque ese premio é, de seu, moi estraño, á marxe de quen sexa o gañador. O esplendor visual do Fausto é innegábel, mais non é doado moverse nel con comodidade e aínda que mellora no treito final en conxunto resulta extenuante. O verdadeiro debate é o da pertinencia de colocar a competición en Xixón unha película galardoada co León de Ouro na Biennale, dende a certeza de que despois do triunfo en Venecia é igual de problemático darlle premios que non darllos. A decisión máis marciana foi a do xurado FIPRESCI, que elixiu a por outra parte simpática Terri de Azazel Jacobs, o fillo de Ken, cun estupendo Jacob Wysocki na pel do personaxe do título, un voluminoso adolescente sempre vestido con pixamas e ao cal o adxectivo “incomprendido” lle queda curto.

Ficou fóra do palmarés a nova película dos autores da sensacional La question humaine, Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval. Chea de xuventude bohemia con ánimo revolucionario, Low life pasea con irregular fortuna polos espazos clandestinos das casas okupas e a inmigración ilegal, e acada os seus mellores momentos ao introducir un elemento fantástico, a maldición que vai asociada a unha carta de expulsión. A parella Klotz-Perceval retoma ideas xa exploradas en películas anteriores -sen ir máis lonxe, La blessure- para traballar dunha maneira máis libre e en consecuencia aínda imperfecta. Malia non ser un produto totalmente satisfactorio, as súas virtudes están, por suposto, a anos luz da absurda The future, só apta para fans de Miranda July; o desastroso Dark horse de Todd Solondz, ou Hors Satan, coa que Bruno Dumont volve chapuzar no feísmo despois da interesante paréntese que supuxo Hadewijch. Todo o contrario é Un amour de jeunesse de Mia Hansen-Løve, cuxo título non deixa oco para a dúbida. A película segue a relación dunha moza de 15 anos (Lola Creton) e o seu namorado de 19 (Sebastian Urzendowsky), que un bo día e de maneira abrupta decide marchar a Sudamérica; anos despois volverán encontrarse e revivirán sentimentos que crían vencidos. O filme é agradábel e exhibe unha extrema pulcritude, mais niso radican tamén as súas limitacións: Mia Hansen-Love non parece ter intención de moverse da súa baldosa, así que dificilmente poderemos agardar dela películas diferentes ás que xa leva feito.

Fóra de concurso o FICXixón estreou en España as novas fitas de dous directores homenaxeados: L'Apollonide de Bertrand Bonello (obxecto dun ciclo que pasa tamén polo CGAI, igual que o titulado Xéneros mutantes) e Whore's glory de Michael Glawogger, gañadora dun premio especial na sección Orizzonti da Mostra de Venecia. Cunha actitude semellante á que demostrou en documentais espectaculares coma Workingman's Death ou Megacities o austríaco rexistra de xeito descarnado e afastado de tópicos moralistas o día a día de tres bordeis en Tailandia, Bangladesh e México (o mellor, con diferenza, dos episodios). Poucas veces vimos un achegamento tan natural e honesto ao espiñento asunto da prostitución, até o punto de lle podermos perdoar certos excesos esteticistas apoiados na música de P. J. Harvey e CocoRosie. Tamén estaba na sección oficial This is not a film, a non-película que Mojtaba Mirtahmasb e Jafar Panahi fixeron durante o arresto domiciliario do segundo. A brutal inxustiza do seu caso sobrevoa calquera análise do filme, que dende a súa primeira exhibición en Cannes vén recibindo críticas ditirámbicas e desproporcionadas, como se falar ben de Panahi fose un xeito de posicionarse fronte a un réxime, o de Ahmadinejad, do que se supón xa estamos en contra por defecto. Coma testemuña dun feito noxento, a vil condena a un cineasta, This is not a film é necesariamente emocionante, mais iso non implica que debamos consideralo unha mostra de bo cinema, nin falta que fai, aínda que polo menos na secuencia final, a do ascensor, si apunta nesa dirección.

para saber máis: "El partido de Cascos fulmina al director del Festival de Gijón" (Público) * "Fabes con turismo", por Gonzalo de Pedro (Público) * "Una muerte anunciada" (La Voz de Asturias) * "Nun sois asturianos, sois babayos", por Laura Menéndez (Transit) * "Con el despido de Cienfuegos el gobierno de Cascos dinamita el Festival de Gijón", por Alejandro G. Calvo (SensaCine) * "Por hacer las cosas bien", de Luis Martínez (El Mundo) * "Xixón no tiene lo que se merece", por Xabel Vegas (Batura, blog) * "Pequeño homenaje a un gran director: José Luis Cienfuegos", por José Luis Rebordinos, director do Festival de Donostia (El blog del director) * "Cienfuegos ousted at Gijon", por John Hopewell (Variety)

Chuzame! A Facebook A Twitter

O mellor de 2011

Deixámosvos a seguir o resultado do reconto de todas as votacións recibidas. Debido á heteroxeneidade das listaxes, que difiren no número de títulos citados e non sempre seguen unha orde clara, optamos por computar unicamente o número de veces que cada filme foi mencionado, e isto é o que obtivemos:

FILMES ESTREADOS EN SALAS COMERCIAIS:

1. The Tree of Life (Terrence Malick): 40
2. Le Havre (Aki Kaurismäki): 32
3. Misterios de Lisboa (Raúl Ruiz): 29
4. Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe): 26
5. La piel que habito (Pedro Almodóvar): 22
6. El niño de la bicicleta (Jean-Pierre e Luc Dardenne): 21
7. Melancolía (Lars von Trier): 19
8. Habemus Papam (Nanni Moretti) + Drive (Nicolas Winding Refn): 17
10. Des hommes et des dieux (Xavier Beauvois) + Carlos (Olivier Assayas): 14

FILMES SEN DISTRIBUCIÓN OU PENDENTES DE ESTREA:

1. A Torinói ló (Bela Tarr e Ágnes Hranitzky): 21
2. Vikingland (Xurxo Chirro): 16
3. Color perro que huye (Andrés Duque): 13
4. L'Apollonide (Bertrand Bonello): 12
5. Faust (Aleksandr Sokurov): 10
6. Hors Satan (Bruno Dumont) + Meek’s Cutoff (Kelly Reichardt): 8
8. Abrir puertas y ventanas (Milagros Mumenthaler) + Low life (Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval) + This is not a film (Jafar Panahi e Mojtaba Mirtahmasb) + Shame (Steve McQueen): 7

No conxunto das 68 opinións publicadas foron citados máis de cen filmes estreados en salas comerciais e perto de douscentos sen distribución ou pendentes de estrea.

TODAS AS VOTACIÓNS:

Iván G. Ambruñeiras * Xacio Baño * Cecilia Barrionuevo * Miguel Blanco * Sara Brito * Antón Caeiro * Seve F. Calaza * Alejandro G. Calvo * Jaione Camborda * Jorge Carrasco * José Luis Castro de Paz * Pilar Comesaña * Alberto Díaz "Bertitxi" * Alejandro Díaz * Andrés Duque * Elena Duque * Miguel Anxo Fernández * Sara García * Xavi García Puerto * David Garrido Bazán * Fran Gayo * Ilaria Gomarasca * Xurxo González * Carmen Gray * Ifrit * Eulàlia Iglesias * Gabe Klinger * Isaki Lacuesta * Felipe Lage * Oliver Laxe * Ramiro Ledo * Diego Lerer * Alberto Lobelle * José Manuel López * José Luis Losa * Carlos Losilla * Miguel Marías * Beli Martínez * Iago Martínez * Carlos Meixide * Laura Menéndez Prendes * Imma Merino * Marcos Nine * José Manuel Mouriño * Carlos Muguiro * Xosé Nogueira * Suso Novás * Dario Oliveira * Grial Parga * Lois Patiño * Martin Pawley * Víctor Paz * Gonzalo de Pedro * Jaime Pena * Matías Piñeiro * Tim Redford * Fernando Redondo Neira * Alberto Ruiz de Samaniego * José Manuel Sande * Eloy D. Serén * Karim Shimsal * Ángel Suanzes * Antoine Thirion * José Luis Torres Leiva * José Vieira Mendes * Iván Villarmea * Ferdinand von Galitzien * Alfonso Zarauza

Chuzame! A Facebook A Twitter

O mellor de 2011: Iago Martínez

Iago Martínez é xornalista. Foi o responsábel das páxinas de cultura do desaparecido (máis ben fulminado) Xornal de Galicia e na actualidade é colaborador da edición galega de El País. Ademais, fai crítica musical para Rockdelux e mantén o blog Disimulen.

ESTREADAS EN SALAS COMERCIAIS
Sen orde

Mistérios de Lisboa (Raúl Ruiz)
El árbol de la vida (Terrence Malick)
Le quattro volte (Michelangelo Frammartino)
El niño de la bicicleta (Jean-Pierre e Luc Dardenne)
Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe)
Tournée (Mathieu Amalric)
Carlos (Olivier Assayas)
Le Père de mes enfants (Mia Hansen-Løve)

SEN DISTRIBUCIÓN OU PENDENTES DE ESTREA
Sen orde

Vikingland (Xurxo Chirro)
Nostalgia de la luz (Patricio Guzmán)
Low Life (Nicolas Klotz & Elisabeth Perceval)
A Torinói ló (Bela Tarr e Ágnes Hranitzky)
Rosalinda (Matías Piñeiro)

Chuzame! A Facebook A Twitter

O mellor de 2011: Sara Brito

Sara Brito é xornalista e crítica de cinema.

FILMES ESTREADOS EN SALAS COMERCIAIS
"El orden es intercambiable según humor y ánimo"

El niño de la bicicleta (Jean-Pierre, Luc Dardenne)
Le Havre (Aki Kaurismäki)
Pánico en la granja (Stéphane Aubier, Vincent Patar)
El árbol de la vida (Terrence Malick)
Los pasos dobles (Isaki Lacuesta)
Dispongo de barcos (Juan Cavestany)
Pina (Wim Wenders)
Drive (Nicolas Winding Refn)
La vida útil (Federico Veiroj)
Cisne negro (Darren Aronofsky)
Un método peligroso (David Cronenberg)

SEN DISTRIBUCIÓN OU PENDENTES DE ESTREA

Low Life (Nicolas Klotz & Elisabeth Perceval)
Abrir puertas y ventanas (Milagros Mumenthaler)
Color perro que huye (Andrés Duque)
Hors Satan (Bruno Dumont)

Chuzame! A Facebook A Twitter

O mellor de 2011: Elena Duque

Elena Duque é programadora do Festival de Xixón.

FILMES ESTREADAS EN SALAS COMERCIAIS
Sen orde

La vida útil (Federico Veiroj)
Les mains en l'air (Romain Goupil)
Dispongo de barcos (Juan Cavestany)
El futuro (Miranda July)
Tournée (Mathieu Amalric)
Viajo porque preciso, volto porque te amo (Marcelo Gomes e Karim Aïnouz)
Attack the block (Joe Cornish)
Thérèse (Alain Cavalier)
Habemus Papam (Nanni Moretti)
Valor de ley (Joel & Ethan Coen)

FILMES SEN DISTRIBUCIÓN OU PENDENTES DE ESTREA
Sen orde

Attenberg (Athina Rachel Tsangari)
Palacios de pena (Gabriel Abrantes e Daniel Schmidt)
Au bord du monde (Cécile Bicler e Hervé Coqueret)
Eighty Letters (Vaclav Kadrnka)
Hors Satan (Bruno Dumont)
L'Apollonide (Bertrand Bonello)
The Ballad of Genesis and Lady Jaye (Marie Losier)
Two Years at Sea (Ben Rivers)
Color perro que huye (Andrés Duque)
Low Life (Nicolas Klotz, Elisabeth Perceval)

Chuzame! A Facebook A Twitter

O mellor de 2011: Alejandro Díaz

Alejandro Díaz é programador do Festival de Xixón.

FILMES ESTREADOS EN SALAS COMERCIAIS EN ESPAÑA
Sen orde

The tree of life (Terrence Malick)
Bridesmaids (Paul Feig)
Les mains en l'air (Romain Goupil)
Un método peligroso (David Cronenberg)
La piel que habito (Pedro Almodóvar)
El extraño caso de Angélica (Manoel de Oliveira)
La vida sublime (Daniel V. Villamediana)
Restless (Gus Van Sant)
Le Havre (Aki Kaurismäki)
Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe)

FILMES SEN DISTRIBUCIÓN OU PENDENTES DE ESTREA EN ESPAÑA
Sen orde

Wuthering Heights (Andrea Arnold)
Low Life (Nicolas Klotz, Elisabeth Perceval)
L'Apollonide (Bertrand Bonello)
4.44 Last day on earth (Abel Ferrara)
Color perro que huye (Andrés Duque)
Photographic Memory (Ross McElwee)
Abrir puertas y ventanas (Milagros Mumenthaler)
The day he arrives (Hong Sang-soo)
Damsels in Distress (Whit Stillman)
El estudiante (Santiago Mitre)

Chuzame! A Facebook A Twitter

O mellor de 2011: José Manuel López

José Manuel López é crítico de cinema (colaborador, entre outras publicacións, de Caimán - Cuadernos de Cine) e creador do sitio web Tren de sombras.

1. True Grit (Ethan e Joel Coen)
2. Juego de tronos (T1) (David Benioff / D.B. Weiss)
3. La danza (Frederick Wiseman)
4. Oki’s Movie (Hong Sang-soo) (*)
5. Tournée (Mathieu Amalric)
6. Californication (T4) (Tom Kapinos)
7. El árbol de la vida (Terrence Malick)
8. Caballeros, princesas y otras bestias / Your Highness (David Gordon Green)
9. I am Number Four (D.J. Caruso)
10. Hereafter (Clint Eastwood)

(*) Non estreada en salas.

FESTIVALES, ETC.

1. En torno a Trypps #7 (Sesión de cortos programada por Ben Russell en el Festival Punto de Vista): Footnotes to a House of Love (Laida Lertxundi, 2007, 13’), Prince Hotel (Karl Kels, 1987, 8’), My Name is Oona (Gunvor Nelson, 1996, 9’), Children’s Magical Death (Timothy Asch / Napoleon Chagnon, 1974, 7’), How to Escape from Stress Boxes (Paper Rad, 2006, 4’), Le Spectre Rouge (Segundo de Chomón / Ferdinand Zecca, 9’), Invocation of my Demon Brother (Kenneth Anger, 1969, 12’), Marsa Abu Galawa (Gerard Holthius, 2004, 13’), Trypps #7 (Badlands) (Ben Russell, 2010, 10’)
2. Hell Roaring Creek (Lucien Castaing-Taylor, 2010. 20’)
3. The External World (David O'Reilly, 2011. 17’) [ver]
4. Low Life (Nicolas Klotz, Elisabeth Perceval)
5. Essential Killing (Jerzy Skolimovsky, 2010)
6. L’Apollonide. Souvenirs de la maison close (Bertrand Bonello, 2011)
7. Aardvark (Kitao Sakurai, 2010) / Somos nosotros (Mariano Blanco, 2010)
8. Color perro que huye (Andrés Duque, 2010) / True Love (Ion de Sosa, 2010)
9. Tuesday, After Christmas (Radu Muntean, 2010)
10. Vikingland (Xurxo Chirro)

***

Aunque habrá quien no esté de acuerdo conmigo, creo que este ha sido un año muy tibio para la comedia (yanki). Películas de las que esperaba algo más me dejaron con un gesto de “psé, nostamal” como el de ese Matthew Perry animado de la vanity card de Anhedonia Productions que cierra cada capítulo de Mr. Sunshine (y que, dicho sea de paso, es lo mejor de una serie que tampoco pasa del “psé”).

Cinco comedias que no están mal pero de las que esperaba bastante más:

1. La boda de mi mejor amiga / Bridesmaids (Paul Feig)
2. Paul (Greg Mottola)
3. Carta blanca / Hall Pass (Bobby Farrelly / Peter Farrelly)
4. Con derecho a roce / Friends with benefits (Will Gluck)
5. Cómo acabar con tu jefe / Horrible Bosses (Seth Gordon)

Con indulto para ese momentazo kriskossiano de Friends with benefits (y en general para toda su frenética primera mitad) y para esa escena de Bridesmaids en la que dos mujeres histéricas con miedo a volar se sientan juntas en un avión (una situación y un planteamiento genial que, lógicamente, desemboca en algo parecido a esto).

***

Este año he tenido la suerte de preparar una charla sobre la comedia adolescente norteamericana, uno de mis placeres nada culpables. Así que he podido revisar títulos que siempre me han gustado y también descubrir otros. Aquí van mis 25 imprescindibles (imposible escoger sólo 10):

1. Adventureland (Greg Mottola, 2009)
2. Dazed and Confused / Jóvenes desorientados (Richard Linklater, 1993)
3. El club de los cinco / The Breakfast Club (John Hughes, 1985)
4. Todo en un día / Ferris Bueller’s Day Off (John Hughes, 1986)
5. Los incorregibles albóndigas / Meatballs (Ivan Reitman, 1979)
6. Whip It (Drew Barrymore, 2009)
7. Supersalidos / Superbad (Greg Mottola, 2007)
8. Glee s01e01 [Episodio piloto] (Ryan Murphy, 2009)
9. Desmadre a la americana / National Lampoon’s Animal House (John Landis, 1978)
10. Rumores y mentiras / Easy A (Will Gluck, 2010)
11. Zombieland (Ruben Fleischer, 2009)
12. The Big Bang Theory (Chuck Lorre, Bill Prady, 2007-)
13. American Pie (Paul Weitz, 1999)
14. The Last American Virgin (Boaz Davidson, 1982)
15. Cero en conducta / Detroit Rock City (Adam Rifkin, 1999)
16. Fuera de onda / Clueless (Amy Heckerling, 1995)
17. Freaks and Geeks (Paul Feig, Judd Apatow, 1999-2000)
18. 10 razones para odiarte / 10 Things I Hate about You (Gil Junger, 1999)
19. A por todas / Bring it on (Peyton Reed, 2000)
20. No es otra estúpida película americana / Not Another Teen Movie (Joel Gallen, 2001)
21. Lío embarazoso / Knocked up (Judd Apatow, 2007)
22. Colgado, pringado y sin carrera / Orange County (Jake Kasdan, 2002)
23. Remember the Daze (Jess Manafort, 2007)
24. Ya no puedo esperar / Can’t Hardly Wait (Harry Elfont / Deborah Kaplan, 1998)
25. Chicas malas / Mean Girls (Mark Waters, 2004)

Chuzame! A Facebook A Twitter